Thursday 16 de May de 2024

Hamelín, teatro este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Redrum Teatro presenta a obra de teatro Hamelín, dirixida por Álex Sampayo, coa interpretación de Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu. As entradas teñen un prezo de 4 euros e poderanse adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

A obra versa sobre unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer os seus nenos é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga trata o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Juan Mayorga trata o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe ordinaria e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.